O 10 de decembro ábrese o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal municipal

175

O campamento de Nadal do Concello está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolverase do 26 de decembro ao 4 de xaneiro no CEIP Francisco Vales Villamarín.

Este ano como novidade e baixo o lema “Conciliando non Nadal”, o servizo á vez que permite as familias conciliar a vida familiar, laboral e persoal, inclúe unha programación de actividades específicas coa igualdade como eixe.

O prazo de inscrición será do 10 ao 14 de decembro. Todas as inscricións realizaranse nas oficinas de Servizos Sociais. O modelo de inscrición deberá estar acompañado por fotocopia da tarxeta sanitaria do/a neno/a. Descargar solicitude de participación

O campamento terá un custo de 50 euros aínda que se reservan 5 prazas gratuítas para nenas/vos en exclusión. As familias numerosas terán un desconto dun 20% por cada fillo/a.

Para que se realice a actividade terán que apuntarse 15 nenas/vos como mínimo. As prazas totais serán 50, se se supera ese número realizarase sorteo público. Terán prioridade as persoas empadroadas en Betanzos, só se quedan prazas libres admitirase a non empadroadas/os.

Os/ as pequenos/ as realizarán diversas actividades como xogos, xincanas e obradoiros. Tanto a igualdade como a normalización da lingua galega estarán presentes tamén de maneira transversal.