O 12 de novembro comeza o prazo de inscrición para o obradoiro de memoria do concello

947

Os pequenos esquecementos e os fallos de memoria son os déficits cognitivos que máis preocupan ao alcanzar certa idade.

O Concello de Betanzos pon en marcha este obradoiro de memoria e de estimulación cognitiva para, a través de diversas actividades, contribuír a manter e mellorar o rendemento cerebral das persoas maiores de 65 anos.

O obradoiro terá lugar os martes de 10:30 a 12:30 horas. Comezará o 27 de novembro e terminará o 18 de xuño de 2019 na sala de usos múltiples de Servizos Sociais.

A actividade é gratuíta e ofértanse un máximo de 16 prazas. Será necesario un mínimo de 10 persoas para realizar a actividade. Terán prioridade as persoas empadroadas.

Inscricións desde o luns 12 ao venres 16 de novembro en Servizos Sociais. Praza do Emigrante s/n, de luns a venres en horario de 09:00 h a 14:00 h.

Para descargar solicitude de inscrición prema aqui

Para descargar programa prema aqui

Cartel do obradoiro de memoria e estimulación cognitiva