O alcalde expón ao delegado do Goberno a necesidade de que Betanzos conte cunha oficina administrativa de Policía Nacional

1247
Renovación do DNI nas oficinas do Liceo

O alcalde de Betanzos, Ramón García Vázquez, mantivo unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, para analizar diversas actuacións que dependen do Goberno central, entre elas, a petición dunha oficina para a Policia Nacional.

O rexedor explicou que o representante do Goberno mostrouse receptivo coa solicitude á hora de tramitar ou interesarse pola petición municipal ante o Ministerio do Interior. O alcalde trasladou a importancia que esta oficina administrativa de ámbito comarcal tería para Betanzos e o resto de municipios ao evitar desprazamentos á capital herculina para tramitar o DNI ou o Pasaporte,  que se poderían realizar directamente dispoñendo dunha oficina en Betanzos.

O alcalde tamén trasladou a vontade do Concello de ceder un local para habilitar a oficina aínda que, ata que se avance nas características que son necesarias para a mesma, o goberno local aínda non deu a coñecer de qué local trataríase. O que sí avanzou é que se buscarían unhas dependencias que fosen céntricas. ​

Ramón García Vázquez explicou que a posta en marcha dunha oficina da Policía Nacional viría completar os servizos de carácter administrativo que como cabeceira de comarca e de partido xudicial ten Betanzos (Facenda, Deputación, Xulgados, Centro de Saúde, colexios….)

Como cabeceira comarcal aglutina a máis de 40.000 habitantes repartidos en 10 concellos mentres que como cabeceira de partido xudicial chégase a unha poboación de algo máis do dobre, máis de 80.000 habitantes, repartidos en 16 municipios. ​

Na actualidade, os trámites realízanse a través dunha unidade móbil da Policía Nacional que cada certo tempo desprázase a Betanzos, atendendo a máis de 300 persoas cada vez, quedando veciños en lista de espera. ​O Concello lembra que existen outras poboacións galegas como Ribeira, Marín, Redondela, Monforte, Viveiro ou Carballo nas que se existen oficinas de Policía Nacional con unidades de Estranxeiría e Documentación ou Comisaría Local, o que reforza a petición de Betanzos para poder contar con este novo servizo.

O primeiro edil pediu tamén que o Goberno acometa en 2018 unha serie de obras de mellora das instalacións da Garda Civil de Betanzos que estaban previstas para este ano e que por diversos motivos non puideron executarse.