O Alfonsetti acolle durante este mes un ciclo con proxeccións para os máis pequenos dentro do programa de Nadal

289

O Concello desenvolve durante este mes o ciclo “Cinema Familiar de Nadal”. Das catro películas, quedan duas por proxectar:  o día 17 e o día 27, ambas ás 17:30 h . Trátase dun ciclo co que a Concellería de Cultura pretende dar unha alternativa máis de lecer aos máis pequenos e pequenas para que a “gocen en familia” asistindo á proxección de películas no Cinema Alfonsetti.

As películas serán  “Maimiño e ou espello máxico”,  que se proxectará o día 17, para pechar o ciclo con “O Apóstolo” o día 27. A entrada é gratuíta.

A responsable de cultura explicou que o programa formará parte dunha ampla oferta de actividades  na que tamén haberá outro ciclo, o de “Teatro en Familia” que chega xa á súa novena edición. Celebrarase os sábados 16 e 23 de ás 18:00 h na aula de Cultura do edificio Liceo.

Representarase “Pum Pum”, da compañía Baobab Teatro o día 16, e “Danza dá Choiva” da compañía Elefante Elegante, o día 23.