O concelleiro de Cultura, Andrés Hermida recibiu á Xunta de Goberno do Colexio de Graduados da Coruña e Ourense

163
Andrés Hermida e a presidenta do Colexio de Graduados

O concelleiro de Cultura, Andrés Hermida recibiu á Xunta de Goberno do Colexio de Graduados da Coruña e Ourense previa á reunión do consello que elixiu Betanzos con motivo dos actos do 800 aniversario do traslado desde Tiobre ao actual centro histórico.

A Xunta de goberno realizou tamén unha visita guiada polos lugares máis emblemáticos da cidade que finalizou cun xantar. O edil de Cultura entregoulle á presidenta do Colexio, Susana Soneira, un gravado no que se reproduce a imaxe conmemorativa do 800 aniversario da cidade.