O Concello agradece a colaboración das entidades e empresas que axudaron na organización da andaina “Camiñamos con Noel”

229

O goberno local amosou hoxe o seu agradecemento ás miles de persoas que o pasado sábado participaron na andaina solidaria organizada polo Concello baixo a lema “Camiñamos con Noel: loita contra o meduloblastoma”. En total recadáronse 24 864 euros na caseta que o Concello dispuxo na praza dos Irmáns García Naveira, a maiores das achegas realizadas vía en liña, na web municipal que estaba enlazada con está enlazada coa Fundación Cris para vencer o cancro, rexistrando esta doazón baixo o concepto: Noel Coruña.

Desde o Concello, cuxa alcaldesa, María Barral, o pasado sábado dixo sentirse orgullosa da resposta da “Betanzos solidaria”, agradeceuse publicamente o traballo e colaboración de Protección Civil, Policía Local, Cruz Vermella; clubs como As vellas non paramos; Gadis e Eroski; establecementos de hostalaría como a Cervecería Vázquez ou o Restaurante Chimi Churri, ademais de provedores e comerciantes de Betanzos.