O Concello agradece a colaboración de Gadisa nos actos do 800 anivesario

1069
María Barral, entregou ao presidente de Gadisa, Roberto Tojeiro, a imaxe do 800 aniversario

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, entregou ao presidente de Gadisa, Roberto Tojeiro, a imaxe do 800 aniversario do traslado de Betanzos que o Concello encargou en exclusiva a Sargadelos.

A primeira edil agradeceu a Tojeiro a colaboración da empresa con moitas das actividades que se desenvolven en Betanzos e, de forma especial, nos actos do 800 aniversario que comezaron o pasado día 13 de febreiro e que se prolongarán ao longo do ano. A primeira actividade, o concerto de Carlos Núñez, na igrexa de San Francisco, contou co patrocinio de Gadisa.

María Barral destacou o papel que xoga Gadisa na economía local tendo en conta os centos de persoas de Betanzos que traballan no seu central, situada no polígono de Piadela; e o volúmen de compra que mantén con produtores de Betanzos e a súa comarca en produtos frescos.

A alcaldesa xunto a Roberto Tojeiro, que tamén é fillo adoptivo de Betanzos, realizaron tamén un percorrido polas instalacións de distribución que ten Gadisa no polígono de Piadela.