O Concello celebrou o pasado sábado día 10 a primeira xira do verán aos Caneiros

822

A embarcación municipal, para a que foi necesario inscribirse previamente, saíu co primeiro grupo de participantes ás 12.00 horas. Houbo en total tres viaxes de ida e outros tantos de volta.

O obxectivo foi recuperar unha romaría centenaria “como se facía outrora”, inculcando os valores e tradicións características desta romaría, afastados do rumbo que tomaron as que se celebran en agosto durante as festas, especialmente, a primeira delas do día 18.

E é que a perda dos valores desta romaría non deixa de ser unha preocupación para o Concello e para o resto de forzas políticas.

Con Caneiros en Familia preténdese seguir dando pasos para evitar que se desvirtúe esta romaría popular, un propósito do conxunto de entidades do municipio e dos diferentes partidos políticos.

Aínda que nestes últimos anos tomáronse unha serie de medidas para tentar evitar “actitudes” que nada teñen que ver coa “orixe desta romaría” e coas que “se produciu unha melloría”, a idea é seguir traballando nesta “mesma liña”.

“ Caneiros en Familia” naceu coa idea de promover e organizar unha xira para que os betanceiros gocen dun día especial, subindo ata o campo de Os Caneiros en embarcacións ou a pé e logo alí xantar no campo, a beira do Mandeo, coas viandas que os propios romeus leven. Unha celebración que, especialmente os mozos, non puideron gozar durante estes anos como facía antigamente.