O concello conmemora o día internacional da muller con diversas actividades

1849

Este ano a programación do Concello con motivo do Día Internacional da Muller incluirá como novidade unha mirada ao público infantil e xuvenil.

O alumnado de infantil dos centros educativos de Betanzos gozará o próximo 9 de marzo dun contacontos por conta da narradora Raquel Queizás. “Demos a volta ao conto” pretende cambiar os roles masculinos e femininos dos contos populares que fican na memoria colectiva, de maneira que o príncipe Branconeves encargarase de varrer, facer as camas e cociñar mentres as ananiñas van á mina para traballar.

 

Para o alumnado da ESO, ciclos e bacharelato arranca o 7 de marzo o concurso de fotos “O papel das mulleres betanceiras hoxe”. Ademais de ofrecer tres premios de material escolar, servirá para seleccionar as fotos que formarán parte da futura exposición “Mulleres en Betanzos; dous séculos”, que se levará a cabo nos próximos meses. Esta mostra suporá un percorrido polo papel da muller betanceira, a través dos anos, contando con fotos antigas do arquivo para contrastalas con imaxes actuais, seleccionadas a través deste concurso.

Para todo tipo de público o Concello repite a ruta guiada, que baixo o título “Betanzos en feminino”, percorrerá diversos recunchos do municipio relacionados coa muller. O punto de encontro será a Oficina de Turismo ás 11:00 h da mañá do día 10 de marzo. Como novidade este ano a ruta tamén se desenvolverá noutras datas para o alumnado dos centros educativos de Betanzos.

Doutra banda a Biblioteca Municipal Castelao acollerá a exposición bibliográfica “Escritoras galegas contemporáneas”, que se desenvolverá desde o 1 ata o 31 de marzo.

A programación completase coa tradicional Xuntanza de Labores Artesanais, que xa vai pola décimo cuarta edición, que terá lugar o sábado 10, ao longo de todo o día no Liceo, e reunirá como cada ano a centos de mulleres.

Por último, o domingo día 18 de marzo entregarase o premio Úrsula Meléndez de Texeda que recoñece o labor a favor da igualdade entre homes e mulleres en Betanzos.

Calendario marzo 2018 Igualdade:

Día 1:

1-31 marzo: Exposición bibliográfica “Escritoras galegas contemporáneas”. Lugar: Biblioteca Municipal Castelao. Horario: de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h de luns a venres/ de 10:30 h a 13:00 h os sábados

Dia 6:

6,7 e 8 de marzo. Alumnado do IES AS Mariñas participa no roteiro “Betanzos en Femenino que percorrerá diversos recunchos do municipio relacionados coa muller. O obxectivo es provocar a reflexión no alumnado sobre o papel da muller na historia de Betanzos.

Día 7:

7-31 de marzo. Concurso Fotográfico: “O papel das mulleres betanceiras hoxe”. Para o alumnado de secundaria, ciclos e bacharelato dos centros educativos de Betanzos Ademais de ofrecer tres premios de material escolar, servirá para seleccionar as fotos que formarán parte da futura exposición “Mulleres en Betanzos; dous séculos”, que se levará a cabo nos próximos meses. Esta mostra suporá un percorrido polo papel da muller betanceira, a través dos anos, contando con fotos antigas do arquivo para contrastalas con imaxes actuais, seleccionadas a través deste concurso.

Día 8

Día da folga feminista.

Día 9

9 de marzo. Contacontos ‘Demos a volta ao conto” Tres sesións por conta da narradora Raquel Queizás. Para o alumnado de infantil do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” A actividade pretende cambiar os roles masculinos e femininos dos contos populares que fican na memoria colectiva, de maneira que o príncipe Branconeves encargarase de varrer, facer as camas e cociñar mentres as ananiñas van á mina para traballar.

Día 10

Para todo o público. Roteiro “Betanzos en Femenino” Punto de Encontro: Oficina de Turismo Hora: 11:00. Inscrición previa en Turismo.

XIV Xuntanza de Labores Artesanais. Organiza: Concello de Betanzos Data: 10 de marzo. Lugar: Edificio Liceo Horario: de 10:00 h a 14:00 h y de 16:00 h a 19:00 h

Día 18

Acto de entrega premio Úrsula Meléndez de Texeda. Organiza: Concello de Betanzos Data: 18 de marzo Lugar: Sala Azul. Edificio Liceo Hora: 12:30