O Concello e o EDL do CEIP Francisco Vales Villamarín botan a andar a campaña “Nós galegaremos nas tabernas

310

O Concello de Betanzos e o Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín veñen de botar a andar unha nova campaña de dinamización lingüística no ámbito da hostalaría local baixo o lema “Nós galegaremos nas tabernas”, creado polo propio alumnado do centro.

“Nós galegaremos nas tabernas” é unha campaña de dinamización lingüística no ámbito da hostalaría que pretende pór en valor o uso da lingua galega e destacar a necesidade do seu uso para que o galego teña un futuro en Betanzos. Os máis pequenos e pequenas do CEIP Francisco Vales Villamarín elaboraron ao longo do mes de maio distintos lemas que poñen en valor o uso da nosa lingua e que se plasmarán nunha campaña na hostalaría local que comezará o vindeiro 24 de xuño.

Os locais de hostalaría, bares, cafetarías e restaurantes interesados en participan poderán inscribirse en www.betanzos.net entre o 10 e o 14 de xuño ou ben enviando os datos de contacto do local ao enderezo electrónico [email protected]. O Concello convidou a participar

A Concellería de Comercio, Industria e Participación Cidadá a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos e coordinada co Equipo de Dinamización Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín, do que partiu a iniciativa, colaboran para organizar a posta en marcha desta proposta que agardan que teña boa acollida entra os locais da hostalaría e na que convidan a participan aos máis de oitenta locais hostaleiros que hai en Betanzos.