O Concello elimina as pintadas na base do palco da música

1704
Estado no que se atopaba o placo e o actual trala limpeza

Betanzos, 26 de febreiro de 2018. O Concello levou a cabo os traballos de limpeza do palco da música para eliminar as pintadas realizadas por unha persoa o pasado día 10.

O Concello utilizou un procedemento especial para realizar a limpeza para non danar a pedra. A persoa responsable da pintada fora identificada pola Policía Local a escasos metros do palco, despois de realizar pintadas tamén nunha parede de propiedade privada, situada na rúa Nova.

O Concello encargou un informe de valoración dos danos e en función dese informe imputaráselle o delito correspondente. O palco da música, forma parte dos elementos arquitectónicos protexidos, foi rehabilitado hai uns meses. As pintadas apareceron en varias pedras da súa estrutura base.