O Concello insta a Medio Ambiente tomar medidas na zona de Castro ante a presenza de xabarís e os importantes danos que producen en cultivos

128

A alcaldesa trasladoulle o seu apoio á veciñanza que recolleu sinaturas para pedirlle á Xunta que actúe canto antes

A alcaldesa, María Barral, mantivo unha reunión coa veciñanza de Castro afectada polos danos que están a sufrir nas súas parcelas como consecuencia da presenza de xabarís na zona. A primeira edil trasladou hoxe mesmo a situación á Consellería de Medio Ambiente co fin de que se tomen medidas tendo en conta dos importantes danos, reforzando a petición que tamén realizaron os veciños afectados á Xunta xunto coa presentación dunha recollida de sinaturas.

María Barral trasladoulle hoxe ao servizo de Patrimonio Natural os problemas que “están a sufrir os veciños e veciñas da zona de Castro, na parroquia de Pontellas, pola presenza de xabarís e danos que ocasionan nas súas plantacións agrícolas, solicitándolle que poidan atender as peticións que os propios veciños e veciñas lle fixeron chegar a través da recollida de sinaturas co fin de que a Consellería de Medio Ambiente poña en marcha medidas necesarias para o control da poboación de xabarís e poder establecer as axudas económicas compensatorias polos danos provocados ante a contínua incursión destes animais nas parcelas de cultivo”.

A alcaldesa lembra que a zona afectada linda co espazo natural protexido da Rede Natura 2000, na desembocadura dos ríos Mendo e Mandeo, un lugar considerado zona de especial conservación pola súa fauna “o que prohibe a caza e fai que os xabarís se refuxien nela”.

Barral, despois de manter a reunión coa veciñanza, explicou que tanto este como o pano pasado os veciños da zona sufriron e sofren “enormes danos como se pode apreciar nas fotografías que presentaron non Concello e que, cónstame, tamén fixeron chegar a ese Servizo de Patrimonio Natural, en parcelas de cultivo de millo, patacas, tanto de autoconsumo como produción”.

Explica que a pesar de facer investimentos extra en métodos disuasorios como “peches con pastores eléctricos, estes resultan ineficaces e, ademais, os xabarís estráganos e inutilizan ao seu paso, co consecuente aumento de perdas económicas”. Para os veciños esta situación “é insustentable e fai que moitos non sigan cultivando porque non conseguen ningunha colleita”. A situación, segundo trasladaron á alcaldesa, “foi posta en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente hai tres anos e mesmo tamén polo Concello en varias ocasións. A Xunta enviou a técnicos que se comprometeron, segundo os veciños e veciñas, a instalar gaiolas para a captura de xabarís na zona das marismas, algo que, de momento, non se levou a cabo e que provocou un incremento exponencial da súa poboación