O concello ofreceralle o contacontos pola igualdade “travesías” para o alumnado de primaria

293

Co obxectivo de promover o emprego oral da lingua galega e potenciar o seu uso entre as nenas a través de actividades baseadas en contidos de igualdade e dinamización lingüística, o Concello de Betanzos programa a actividade de Contacontos “Travesías”.

A actividade consiste en tres sesións por conta da narradora Raquel Queizás para o alumnado de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” o venres 22 de febreiro.

A actividade consiste en tres sesións por conta da narradora Raquel Queizás

Ademais de poñer de relevancia valores conectados coa igualdade de xénero, a actividade encádrase dentro do Día Internacional da Lingua Materna, o 21 de febreiro, coa base do promover o emprego da lingua galega entre os /as máis pequenos/as.

En palabras da narradora, “ata hai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que trasmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes. Mudemos o conto!”

A actividade inclúense no III Plan de Igualdade na acción 7.1.10. “Promover o emprego oral da lingua galega e potenciar o seu uso entre as nenas a través de actividades baseadas en contidos de igualdade e dinamización lingüística”, e xorde da colaboración do área de Igualdade e do Servizo de Normalización Lingüística.

Cartel da actividade