O Concello presentou unha nova web, dinámica, con acceso directo para facilitar os trámites administrativos aos cidadáns

1448

O alcalde, Ramón García Vázquez, xunto ao concelleiro responsable de novas tecnoloxías, Andrés Hermida, presentou o novo portal web municipal. Unha nova páxina web á que se poderá acceder por un destes tres dominios: www.betanzos.net; www.betanzos.es; www.betanzos.gal

Con este novo portal o goberno local cambiou “totalmente a súa presenza na rede, cunha páxina actual, dinámica, na que os veciños e visitantes terán toda a información do municipio de forma actualizada”.

A web se subdivide en tres partes. Unha centrada na administrativa, que contén todos os aspectos de xestión municipal, desde a composición do grupo de goberno, cunha canle directa do alcalde cos cidadáns; ata información sobre os plenos, gravacións plenarios, trámites administrativos, ordenanzas, taxas, darvos económicos, perfil do contratando… é dicir, “un portal de transparencia que nestes momentos é un dos que máis información da provincia e que se irá ampliando paulatinamente”, segundo indicou o alcalde. Xunto a estes apartados, hai información de cada un dos departamentos municipais, cos programas que cada concellería desenvolve ao longo do ano, e datos de contacto de cada unha delas. Ten catro accesos directos para facilitar os trámites aos veciños: a factura electrónica, perfil de contratante, sede electrónica e a axencia e directorio de teléfonos. Tamén se inclúe un apartado destacado coas ofertas de emprego público.

O turismo é outra das “patas” importantes da nova web. Toda a información de promoción turística, todo o que “Betanzos tan cerca” ofrece, desde o seu casco histórico, ata a súa hostalería, pasando polo comercio; as rutas turísticas, a súa historia, o Pasatempo, os ríos e os Caneiros son algúns dos aspectos desta parte na que destacan as imaxes das festas de agosto, as da feira medieval, así como as actividades de promoción do comercio e a hostalería, impulsada como a Semana do Pincho ou a Semana da Tortilla. Unha parte que se poderá consultar en castelán, galego e inglés e na que tamén destaca o Camiño de Santiago.

A terceira parte da web é a informativa. Nela recollese a actualidade de todos os departamentos municipais. Os veciños poderán consultar a hemeroteca de noticias así como os eventos do día ou do mes que organiza o Concello.

De forma permanente a nova web conterá un espazo para as redes sociais nas que tamén está presente o Concello como Facebook @BetanzosTanCerca, o twitter @ayuntbetanzos, ou instagram.