O Concello require de forma oficial á empresa do servizo de axuda a domicilio ante os incumplientos da semana pasada

35

O goberno local trasladou un requirimento á empresa concesionaria do servizo de axuda a domicilio “polos novos incumprimentos do prego técnico”. Ante os incumprimentos e os danos causados ás familias beneficiarias do servizo de axuda e previamente á imposición de sancións polos devanditos incumprimentos, “requíreselle á empresa para proceder ao cumprimento de estrito das obrigacións contractuais, adoptando as medidas necesarias para que non se volva a repetir a situación xerada a semana pasada”.

No requirimento, o goberno local explica que desde o pasado día 19 deste mes recolléronse en Servizos Sociais 21 queixas das familias usuarias do servizo, situación da que se informou á Inspección de Servizos Comunitarios  dependente da Consellería de Política Social da Xunta.  Entre as incidencias detectadas que incumpren o prego técnico do servizo, os servizos municipais subliñaron a non disposición de persoal suficiente para a prestación do servizo e diversos problemas na organización e funcionamento.

O goberno local informará á Corporación sobre a situación xerada a pasada semana, así como dos informes emitidos polos técnicos municipais.

Despois dos problemas detectados pola falta de atención de usuarios (do 16 ao 19 de agosto) como consecuencia das 20 baixas laborais do servizo, mantivéronse diversas reunións coa empresa, a pasada semana, para tratar de corrixir a situación e esixirlle  que de forma inmediata cubrise os servizos e garantise a atención aos usuarios, “algo que si se realizou desde entón,  segundo o seguimento que fixo do servizo os responsables Servizos Sociais”.

A pesar diso, o Concello trasladou o requirimento á empresa e anuncioulle a súa intención de abrir un expediente sancionador. “Trátase dunha situación administrativa moi complexa, con moitos factores para ter en conta. Con todo, o primordial nestes momentos son os usuarios e a esixencia á empresa de que se cubran os servizos”.

Desde os servizos xurídicos  municpales tamén se están axilizando ao máximo os trámites para sacar a licitación o novo contrato do servizo de axuda a domicilio, tendo en conta que o actual finaliza o 23 de setembro. “Sabemos que os trámites levan os seus prazos legais correspondentes, pero os servizos administrativos municipais son coñecedores da situación e a necesidade de axilizalos e  acortalos ao máximo para poder adxudicar o servizo canto antes”.