O delegado do Goberno constata a eficacia das obras que permitirán paliar as inundacións no barrio da Ribeira, en Betanzos

876
Javier Losada, xunto á alcaldesa de Betanzos, María Barral e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, visitou a zona.

Betanzos (A Coruña), 1 de febreiro de 2019. O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, coa alcaldesa de Betanzos, María Barral, comprobou o resultado dos traballos levados a cabo polo Ministerio de Fomento na N-651 ao seu paso por Betanzos e que permitirán a partir do mes de abril paliar as inundacións nesta vía ao seu paso polo barrio da Ribeira.

O proxecto de “mellora do sistema de drenaxe e protección ante inundación na estrada N-651, entre os p.k. 0+000 e 0+500, ao seu paso por Betanzos”, suporá a solución aos problemas que causa o actual sistema de drenaxe da estrada, cuxa características o facían insuficiente cando confluían choivas abundantes con mareas vivas, o que ocasiona inundacións neste barrio.

Esta actuación, cuxo prazo de execución está previsto para finais de abril ou principios de maio, require un investimento de 1 300 000 euros.

O problema de inundacións que sofre Betanzos na ribeira do río Mandeo viuse sempre agravado pola proximidade da desembocadura do río Mendo e aféctalle á veciñanza do barrio da Ribeira e ás persoas usuarias da estrada N-651. De feito, as últimas inundacións, en marzo de 2018, nas que coincidiron fortes choivas coa pleamar e provocaron numerosas afeccións e danos.

O delegado do Goberno e a alcaldesa analizan tamén a cesión ao concello do edificio de Sindicatos e do antigo ambulatorio