Home Infraestructuras O goberno local asume a totalidade do investimento da área de autocaravanas despois de que a Xunta, tras atrasar durante semanas a sinatura dun convenio, lle outorgase menos de dous meses para contratar e concluír as obras

O goberno local asume a totalidade do investimento da área de autocaravanas despois de que a Xunta, tras atrasar durante semanas a sinatura dun convenio, lle outorgase menos de dous meses para contratar e concluír as obras

0
O goberno local asume a totalidade do investimento da área de autocaravanas despois de que a Xunta, tras atrasar durante semanas a sinatura dun convenio, lle outorgase menos de dous meses para contratar e concluír as obras

O goberno local viuse obrigado a asumir a totalidade do investimento da área turística de autocaravanas, 58 497 euros, despois de que a Xunta non ampliase o período de xustificación da subvención ao Concello a pesar das distintas solicitudes realizadas dado a escasa marxe de menos de dous meses co que contaba para contratar as obras e poder executalas. A pesar da negativa da Xunta, o goberno local consideraba que a obra tiña a suficiente importancia, no ámbito turístico, como para “asumir directamente o gasto a pesar de non contar co apoio da Xunta”. Neste sentido, o concelleiro de Infraestruturas, Antonio Vázquez, amosou a súa “sorpresa” cando “por unha banda a Xunta non nos ampliou o prazo para poder executar as obras, e non achegou nada para estas, pero, con todo, anunciou publicamente as obras e a achega nun comunicado de prensa o día da inauguración da área, que para nada se corresponde coa realidade”.

A convocatoria de subvencións por Turismo da Xunta realizouse o 4 de xaneiro de 2018. Naquel momento, o Concello presentou unha solicitude co proxecto de creación da área de autocaravanas que contemplaba un investimento de 74 281 euros, e optaba a unha achega da Xunta de 45 000 euros.

O 25 de maio, a comisión de valoración da convocatoria considera que a proposta de Betanzos reúne os requisitos para ser obxecto de subvención pero o proxecto do Concello queda fóra e non recibe ningunha axuda da Xunta.

Meses despois, suponse que tras a renuncia á subvención dalgún dos concellos aos que se lle concedeu, Turismo de Galicia pregúntalle ao Concello se segue interesado na actuación e se é así, propón a sinatura dun convenio para obter a subvención de 45 000 euros sobre o orzamento presentado de 74 281 euros e levar a cabo a área de autocaravanas.

O 10 de agosto a Xunta envíalle ao Concello o convenio para que, no caso de ser aceptado, sexa de novo remitido á Dirección Xeral de Turismo, un trámite que o goberno local realiza o 13 de agosto, dando o visto e prace ao convenio sabendo das dificultades que tiña para desenvolvelo porque xa, nese momento, se consideraba que o prazo de execución dos traballos era moi curto xa que tiñan que estar acabados o 15 de novembro.

Aínda así, dado que o proxecto se ía a facer con ou sen a achega da Xunta, decidimos asinar o convenio”, explica o edil de Obras que subliña que “o que non agardabamos é que a Xunta logo tardase ata o 19 de setembro en formalizalo”. Durante todo este tempo, entre o 13 de agosto e o 19 de setembro, o Concello dirixiuse en numerosas ocasións desde Obras, desde o gabinete de Alcaldía e mesmo desde a propia Alcaldía a Turismo da Xunta para que se axilizase a formalización do convenio tendo en conta que sen este paso “non se podía sacar a contratación as obras”.

Un día despois da formalización por parte da Xunta, o 20 de setembro o Concello saca a contratación os traballos. O 8 de outubro, ábrense as ofertas. Presentáronse oito empresas, e unha delas incorreu en “baixa desproporcionada” co que houbo que requirirlle unha xustificación, dando as prazas oportunos para iso. O 19 de outubro, logo de non xustificar a baixa, adxudícase á segunda oferta máis vantaxosa por 58 497 euros.

Desde entón, e en varias ocasións, o Concello solicítalle a Turismo unha ampliación dos prazos para terminar as obras dado que conta con menos dun mes para que estea executado o proxecto. Esta ampliación non se admite, e complicou aínda máis a fase de execución polas inclemencias meteorolóxicas. O día 15 de novembro, os traballos non estiveron finalizados polo que o Concello non puido xustificar a subvención, e asumiu o gasto do investimento.

A área foi inaugurada recentemente. Conta cun equipamento que fai que estea entre o tres mellores de Galicia e a súa posta en marcha débese, segundo o goberno local, a “a aposta por este tipo de turismo itinerante que experimentou un crecemento moi importante nos últimos anos”.