O goberno local de Betanzos aprueba sacar a licitación a redacción do novo Plan Especial de Protección do Centro histórico (PEPOCH)

1009
Praza de Fernán Pérez Andrade "O Bo" situada no casco histórico de Betanzos

A Xunta de Goberno do Concello de Betanzos aprueba sacar a contratación a redacción dun novo Plan Especial de Protección do Centro histórico ( PEPOCH). Esta farase posible despois de que o Concello dispoña xa dos informes previos necesarios antes da contratación do devandito plan. Así o anunciou a alcaldesa, María Barral, quen explicou que a licitación será posible despois de que o Concello teña xa elaborados os informes previos necesarios. O custo de redacción do documento é duns 150.000 euros, para a que conta coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Esta documentación que dispón o Concello recolle datos de medio físico, poboación, infraestruturas, edificacións e construcións, usos do chan, interese e valores culturais, etc., tanto recompilando os datos existentes en arquivos ou outros fondos como efectuando os traballos de campo precisos para a actualización dos mesmos. En xeral, contén todos os datos precisos concretados nos seguintes aspectos: – Evolución histórica e antecedentes na tramitación do plan. – Obxectivos, determinacións e criterios dos instrumentos da ordenación territorial. – Plan vixente e determinacións do plan xeral. – Elementos inventariados, catalogados e declarados de interese cultural. – Análise do estado do parque actual de vivendas e a dinámica de creación e ocupación de vivenda nos últimos anos. – Estado e características das edificacións e construcións existentes (usos, alturas, tipoloxías, materiais, criterios compositivos, cubertas, cores, etc.).

A documentación permitirá agora contratar a redacción dun novo Plan Especial, xa que o centro histórico conta cun plan especial de protección e ordenación ( PEPOCH) aprobado definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña en sesión de 2/12/1992 (BOP nº 299 de 30/12/1992) e redactado ao amparo da Lei 16/1985, do 25 de xuño, de Patrimonio Histórico Español. O Concello de Betanzos, no conxunto da elaboración dunha futura estratexia urbana para o desenvolvemento sustentable da cidade, en especial do seu centro histórico, pretende levar a cabo dita revisión, “como unha das accións prioritarias e ineludibles”, segundo explicou a alcaldesa María Barral.