O contacontos “Quen canta Alí?” que terá lugar o vindeiro sábado 19 de outubro ten as prazas cubertas. Cubríronse as prazas por orde de inscrición e preferencia dos nenos e as nenas empadroadas. Quen está inscrito e non obtivo praza fica na listaxe de agarda que se utilizará no caso de que haxa algunha baixa entre os/as participantes.

O programa de dinamización lingüística para público infantil de 0 a 6 anos Sábados miúdos continuará no mes de novembro co contactontos “Nano vai á escola”, de Raquel Queizás, que terá lugar o sábado 9 de novembro, e cuxo prazo de inscrición estará aberto desde o 4 de novembro.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do edificio Liceo, no teléfono 981 770 011 (ext. 2224) e no enderezo electrónico [email protected]

Para descargar o cartel da actividade prema aquí

Cartel da actividade