O xurado da tortilla rematou a cata, nos 21 establecementos que participan na Semana da Tortilla de Betanzos.

248
Xurado no restaurante "El Histórico" inicando a cata o pasado mércores

O xurado está composto por Mónica Carneiro, concelleira de Comercio, Alejandro López, secretario da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Gandy, fundador da Casa das Tortillas da Coruña; Pablo Beade, concelleiro de Turismo, María López, da Asociación Gastronómica Lareira de Unta e José Soto da Casa do Sixto.

Xurado no Restaurante Sinuessa, premio a mellor tortilla do 2017

Este ano participan: El Histórico, Casa do Queixo, Eira Vella, ONZE, Adega do Pino, O Picho Carolo, Bar Ou Candil, Recordo, Cafetaría Plaza, Sinuessa, Cervecería Lenda, Cafetería Lenda, O Bar, A Tinería, Vinoteca Versalles, Mesón A Tixola, Cafetaría La Goleta, Taberna 1931, Mesón Progreso, Taberna Escondida, e Mesón Furancho. O prezo, do mesmo xeito que a porción de tortilla que se ofrecerá en cada tapa, está recollido nas bases de organización da Semana e será de 1,50 euros.

O Concello editou uns trípticos onde se recolle a información tanto dos establecementos participantes como da súa localización. Os trípticos levan tamén un espazo a completar polas persoas que proben as tapas. Este espazo deberá estar selado, como mínimo, por cinco dos 21 establecementos participantes como mostra de que se degustou tortilla. Nese caso, entrarán no sorteo de catro cartóns por valor de 100 euros nos comercios asociados en ACEBE.

Por outra banda, haberá tamén o premio á mellor tortilla. Para iso, na presente edición formaranse dous xurados. Un que percorrerá os establecementos onde se sirva a tortilla, escollendo de todos eles, os cinco que pasarán á final, onde outro xurado, entre ese cinco, distinguirá a mellor tortilla.

A TVG retrasmitiu en directo o inicio da cata

Tamén se mantén o Premio Popular, á mellor tortilla elixida por votación popular, que se outorgará ao establecemento que máis votos obteña durante estes días nas urnas situadas en cada local.

Haberá un concurso a través das redes sociais de Betanzos tan Cerca, en twitter: @BetanzosCerca e en facebook: www.facebook.com/betanzostancerca.

As persoas que participen neste concurso deberán “subir” a estas redes unha fotografía cunha tapa de tortilla e un refresco de Coca-Cola. Todas as fotografías que se reciban entrarán no sorteo de produtos desta marca de bebidas.