Os Reis Magos entregan os premios do III Concurso de cartas aos Reis Magos

133
A alcaldesa María Barral e a concelleira de normalización lingüística Ana Belén Veiga xunto aos premiados

Os Reis Magos de Oriente entregaron os premios do III Concurso de cartas aos Reis Magos na Sala capitular da Casa do Concello. Nesta visita previa á cabalgata do 5 de xaneiro, déronlle os parabéns aos gañadores e gañadoras das distintas categorías e entregáronlles os agasallos.

Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados pola alcaldesa, María Barral e a concelleira de Normalización Lingüística, Ana Veiga, entregáronlles os premios a Gabriel Barreiro, Lola Vázquez, Adriana dos Santos, Noa Moure, Carla Medín, Lucía María Vecino, Nerea Fraga e Alberto Barros.