Prazas cubertas no Curso de iniciación á comunicación en linguaxe de signos

1067

O primeiro día da inscrición cubríronse as 15 prazas do Curso de iniciación á comunicación en linguaxe de signos, por orde de inscrición e preferencia das persoas empadroadas Debido á alta demanda, ampliáronse as prazas con 5 máis, e finalmente participarán no curso as primeiras 20 persoas empadroadas por orde de inscrición. O Concello pecha o prazo de inscrición posto que xa hai máis de 100 persoas en listaxe de agarda.

Podes consultar a listaxe de persoas admitidas aquí e a listaxe de agarda aquí.

O Curso de iniciación á comunicación en linguaxe de signos A1.1. terá lugar nas Antigas Escolas Irmáns García Naveira entre o 3 de setembro e o 7 de novembro, os martes e xoves en horario de 20:00 h a 21:30 h.

No caso de que o Concello realice proximamente outra edición do Curso de iniciación á comunicación en linguaxe de signos publicitarase toda a información nesta páxina web (www.betanzos.gal).