Prazas cubertas no obradoiro/contacontos “A casa encantada de Alí”

141

O obradoiro/contancontos “A casa encantada de Alí” que terá lugar o vindeiro sábado 20 de outubro ten as prazas cubertas. Cubríronse as vinte prazas por orde de inscrición e preferencia dos nenos e as nenas empadroadas.

A inscrición segue aberta, segundo o prazo indicado inicialmente, ata o 18 de outubro, e os nenos e as nenas inscritas que non tiveron praza estarán na listaxe de agarda que se utilizará no caso de que haxa algunha baixa entre os participantes.

O vindeiro mes de novembro haberá un novo obradoiro/contacontos “Un bico para Alí” cuxa data e prazo de inscrición se publicará a finais deste mes en www.betanzos.gal.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do edificio Liceo, no teléfono 981 770 011 (ext. 2224) e no enderezo electrónico [email protected]