Protección Civil conta cun novo desfibrilador para emerxencias

214
Os concelleiros de Seguridade Cidadá e Deportes, Diego Fernández e Andrés Hermida, respectivamente, xunto Santiago Ois, presidente da agrupación de voluntarios de Protección Civil.

O Concello adquiriu un desfibrilador para os servizos de emerxencia de Protección Civil. Trátase dun dispositivo móbil que Protección Civil levará no seu vehículo de emerxencias. Forma parte dunha serie de equipos cos que tamén se dotaron outras instalacións municipais destinadas á práctica deportiva.