Recepción ao betanceiro Carlos Arévalo subcampión do Mundo do K4 500 metros

840

A alcaldesa, María Barral, xunto con varios concelleiros do goberno local, recibiron ao subcampión do mundo do K4 500 metros, o betanceiro, Carlos Arévalo, que formaba parte do equipo español xunto ao tamén galego Rodrigo Germade, o mallorquín Marcus Cooper e o catalán Saúl Cravioto.

A alcaldesa deulle os parabéns a Carlos Arévalo por ese subcampionato e por levar o nome de Betanzos non só neste campionato do mundo celebrado en China, senón a moitas outras cidades durante, a pesar da súa mocidade, extraordinaria carreira deportiva. Desexoulle os maiores éxitos nos próximos Xogos Olímpicos nos que estará o betanceiro e á súa “volta esperarémosche nesta mesmo mesmo salón de Plenos para festexar contigo outra, estou segura, medalla para España e para Betanzos”.

A proba, celebrada o pasado domingo, foi seguida pola alcaldesa, amigos e familiares de Carlos Arévalo no Salón Azul do edificio Liceo.