Recepción da alcaldesa de Betanzos María Barral Varela aos equipos de infantís e alevíns do Betanzos CF. Galería de imaxes.

2086

A alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, e o concelleiro de deportes, Andrés Teijo Hermida, recibiron no salón azul do edificio Liceo aos equipos de infantís e alevíns do Betanzos CF con motivo da consecución do título de liga de ambos os equipos.

A alcaldesa María Barral Varela deulle os parabéns persoalmente a ambos os conxuntos.

No caso do equipo infantil despois de lograr facerse co título ligueiro tamén foron capaces de lograr o ascenso de categoría e para a próxima tempada poderán gozar da primeira infantil.

Os alevíns gañaron a súa liga de fútbol 11, a primeira parte da tempada despútana a F8 e a segunda parte da liga xogaban a F11 onde se amosaron intratables e foron capaces de facerse co liderado.