Resolto o II Concurso de cartas aos Reis Magos

379

O xurado do II Concurso de cartas aos Reis Magos decidiu outorgar os seguintes premios ás mellores cartas escollidas entre as máis de duascentas setenta presentadas polo alumnado dos distintos centros de primaria de Betanzos.

PREMIADOS/AS II CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS:

1.ª CATEGORÍA. EDUCACIÓN INFANTIL

1.º PREMIO: Gabriel Barreiro Sánchez

ACCÉSIT: deserto

2.ª CATEGORÍA. EDUCACIÓN PRIMARIA (1.º E 2.º)

1.º PREMIO: Miriam Cagiao Faraldo

ACCÉSIT: Noa Moure Valeiras

3.ª CATEGORÍA. EDUCACIÓN PRIMARIA (3.º E 4.º)

1.º PREMIO: Artai Pena Vázquez

ACCÉSIT: Lucía María Vecino García

4.ª CATEGORÍA. EDUCACIÓN PRIMARIA (5.º E 6.º)

1.º PREMIO: Lucia Asensi Rodríguez

ACCÉSIT: Noa Amado Sanjuán

A entrega dos premios realizarase o vindeiro 5 de xaneiro, antes da recepción dos Reis Magos de Oriente a todos os nenos e nenas de Betanzos. Ademais, nos vindeiros días os Reis Magos comezarán a responder a todos os nenos e nenas que escribiron as súas cartas con todos os datos de contacto.