Resolto o IX Concurso de carteis das Letras Galegas

1981

Aitor Coronado Lucas, de 5.º B do CEIP Francisco Vales Villamarín foi o gañador este ano da IX edición do Concurso de carteis das Letras Galegas. O deseño do cartel representa a María Victoria Moreno, aos seus libros, a Galicia e á lingua galega.

Ademais, o xurado, composto por representantes dos centros de ensino participantes, tamén decidiu outorgar dous accésits aos traballos Claudia Villares Barros 3.º E do CEIP Francisco Vales Villamarín e Rosa Cerqueira e Gabriela Barroso do Centro Pai Menni.

A entrega dos premios realizarase o vindeiro mércores 16 de maio ás 19:30 h no Salón Azul do edificio Liceo, xunto coa entrega dos premios do VIII Concurso de creación literaria cuxo prazo está aberto ata o vindeiro 7 de maio.

Xurado do concurso de carteis

O cartel gañador do Concurso de carteis ilustrará o Programa das Letras Galegas 2018 do Concello de Betanzos que sairá do prelo os vindeiros días.