Resolto o IX Concurso de creación literaria das Letras Galegas

422

O xurado do IX Concurso de creación literaria, composto por representantes dos distintos centros de ensino, así como os escritores Xabier López e Dores Tembrás, decidiron outorgar os seguintes premios:

CATEGORÍA ESO

Primeiro premio

Iván Sanjurjo Cortés (2.º ESO IES Francisco Aguiar)

Relato: “Shirley Holmes e o caso do Pasatempo

Accésit

Sofía dos Santos Sánchez (2.º ESO CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”)

Relato: “Os tres días de Pontesampaio

CATEGORÍA BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS

Primeiro premio

María Fernanda Fuentes Gonzaga (1.º D Bacharelato IES Francisco Aguiar)

Relato: “Para aquel amor

Accésit

Daniel Lasús Vázquez (2.º Bacharelato IES As Mariñas)

Poesía: “Sutura / Xirasois de ferro / Últimos

Este ano presentáronse 59 textos ao IX Concurso de creación literaria e o xurado acordou deixar deserta a categoría aberta ao entender que ningún dos textos presentados reunía os requisitos para resultar gañador. Así mesmo, destacaron a calidade dos textos presentados polo alumnado dos centros de ensino e agradeceron a implicación do alumnado e do profesorado neste concurso.

O Concello de Betanzos entregará os premios do IX Concurso de creación literaria este xoves 23 de maio ás 19:30 h no Salón Azul do edificio Liceo, xunto cos premios do X Concurso de carteis das Letras Galegas.