Resolto o VIII Concurso de creación literaria das Letras Galegas

185

O xurado do VIII Concurso de creación literaria, reunido hoxe pola mañá na Sala de Xuntas do Liceo, decidiu outorgar os seguintes premios:

CATEGORÍA ESO

Primeiro premio: Mariña Erias Castro do IES As Mariñas con “Poemario senlleiro”.

Accésit: Rosalía Chunlian Vázquez Álvarez do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” co relato “A nosa historia”.

CATEGORÍA BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS

Primeiro premio: Lucía Guillín Casal do IES As Mariñas co relato “O vestido”.

Accésit: Daniel Lasús Vázquez IES As Mariñas co texto “Alma espida e cosida”.

CATEGORÍA ABERTA

Primeiro premio: Raquel Vázquez Díaz co texto “Para que”.

Accésit: Sara Criado Rodríguez co texto “Anacos”.

A entrega dos premios terá lugar o mércores 16 de maio ás 19:30 h no Salón Azul do edificio Liceo, xunto coa entrega dos premios do IX Concurso de carteis das letras galegas. Os textos gañadores do VIII Concurso de creación literaria publicaranse na web municipal nos vindeiros días.