Restaurante Sinuessa, a mellor tortilla Betanzos por segundo ano consecutivo

247
A alcaldesa de Bertanzos María Barral xunto a José Manuel Freire representante do Restaurante Sinuessa

O Restaurante Sinuessa resultou gañador da Semana da Tortilla de Betanzos. O xurado realizou a cata a cegas na mañá do pasado domingo e destacou a calidade das tortillas e a dificultade para escoller, un ano máis, a mellor de todas elas.

Para a final, dos vinte e un establecementos participantes, clasificáronse Resturante Sinuessa, A Tixola, Taberna Escondida, Progreso e ONZE.

O formato da Semana da Tortilla ten como principal obxectivo facilitar a participación de hostaleiros na promoción deste produto e ao mesmo tempo promocionar os seus propios locais.

As persoas responsables dos establecementos destacaron o éxito da convocatoria, tanto pola alta participación como polas vendas e a “importancia de organizar actividade como esta para promocionar a hostalaría local e un produto tan relacionado con Betanzos, como a tortilla”.

A alcaldesa María Barral, membros da corporación, xurado e hostaleiros