Taberna Escondida, gaña a Semana do Pincho

421
Momento da cata final celebrada no Liceo

Taberna Escondida cun pincho de Bacallau con Crema de Queixo San Simón, Aceite de Amendra e Xelatina de Grelo foi a elixida polo xurado como a gañadora da Semana do Pincho de Betanzos.

O xurado, que probou os cinco pinchos finalistas, destacou a dificultade de elixir un gañador pola calidade dos pratos presentados e a igualdade que había entre eles.

A Semana do Pincho, celebrouse desde o pasado día 4 co fin de promocionar a gastronomía local, a hostalería e dinamizar outros sectores da cidade. A través do certame os hostaleiros optan ao premio ao mellor pincho, e a un premio “popular” que sairá dos votos emitidos polas persoas que durante estes días degusten os pinchos.

Na relación de pinchos de este ano pudose degustar desde unha Delicia Italiana a unha ‘Pizza Frita’ pasando por ‘O Pícaro’, Langostino Popper con Mollo Vermello, Frescura da Terra, Os Barquiños dos Caneiros, Brocheta Histórica, O Globo, Margarida de Ovo, A Nosa Cesta Da Compra, Bomba Onze, Fusión, Lacón con Grelos, Caracol de Mar, Crocodilo 2.0, Cogomelos con Camarón, Ovo a baixa temperatura con Delicia De Pataca e Sinfonía De Setas, Targaia, Brocheta De Langostinos e Puntilliñas, Gambón Caribeño, Marterra Fusión, Bao de Entrefebrado De Porco, Solombo de Porco ao Pedro Ximénez, Hamburguesas Caseiras, Petisco Español, Almofada Asiática, Carpaccio de Polbo con Crema De Boniato Verde, Brocheta de Atún Terra e  Mar ou Bacallau con Crema de Queixo San Simón, Aceite de Amendoa e Xelatina de Grelo.

Participaron 29 establecementos, récord de todas as edicións: Cafetería Plaza, Sinuessa, Mesón Avenida, Cafetería Cervecería Lenda, Pampa Tapas 74, Casa Do Queixo, El Histórico, Brocheta Histórica, Eira Vella, Bar Chivas, Cervexería A Internacional, Onze, Casa Carmen, Paxeiro, Cervecería Betanzos, Adega Do Pino, Bar O Candil, Cho, Gaia, Café-Bar Buena Gente, Bar Buenos Aires, Restaurante Casanova, Cervezoteca A Tinería, Bar Galicia, O Recanto, Mesón A Tixola, Vinoteca Versalles, Almofada Asiática, Taberna 1931, Mesón O Progreso e Taberna Escondida.