30Tania Ansio Martínez, San Antonio de Benagéber (Valencia), resultou elixida gañador do certame de Balconadas coa súa obra “Espacios Múltiples”, unha obra na que predominan as figuras circulares coloristas e que foi destacada polo xurado pola súa orixinalidade e a calidade técnica. A obra está exposta en Porta da Vila co número 107.
Tamén se elixiron os dous accésits que recaeron en Lucía López Sánchez, da Coruña coa obra “ Progenie” que leva o número 90 e Raúl Gil, de New Jersei, coa balconada número 103 baixo o título “ The skater”.
A entrega de premios será o 13 de agosto. O xurado tamén quixo destacar outras tres obras que quedaron finalistas pola súa calidade, as de Miguel Alonso Melero, de Culleredo co número 28; María Maqueira Vales-Villamarín , de Betanzos, co número 51 e Juta Cono, de Tokio, co número 82.
A calidade dos traballos presentados na edición deste ano fixo tamén que o Xurado fixese tres “mencións de honra” a José María de Castro, de Palas de Rei, co número 29; Job Sánchez Julián de Xixón, co número 30, e Juan José López Martínez, de Chantada, en Lugo, co número 84.
O xurado do certame de Balconadas de Betanzos percorreu as rúas do centro histórico para elixir o gañador deste ano entre as 122 obras que foron seleccionadas para “colgar” nos balcóns das rúas desta zona e convertelas nun auténtico museo ao aire libre. O xurado deste ano estivo composto por distintas personalidades do mundo da arte como María Isabel Pintado, como presidenta e directora da Bienal; Daniel Louza, como secretario; María Xesús Díaz, pintora; Alfonso Costa Beiro, pintor; Pilar Pérez Subías, escultora; Manuel Silvestre Visa, artista plástico e Xulio García Rivas, pintor.
O xurado valorou a adecuación da obra gañadora á súa contorna expositiva pola súa técnica, temática e orixinalidade, un “exercicio complexo dada a calidade e o nivel dos traballos que se presentaron”. O premio está dotado con 5000€, e dous accésits cada un deles con 1500€. A entrega de premios será o 13 de agosto.
As obras, no seu maior parte, proceden das catro provincias galegas, aínda que tamén hai presenza de moitas comunidades autónomas de España: Pais Vasco, Cataluña, Madrid, Asturias, Andalucía, Canarias, Valencia, Castela León, e Estremadura. Fóra de España, chegaron “balconadas” desde Suecia, Holanda, Arxentina, Xapón, Uruguai, Italia, Francia e Estados Unidos. Cada artista presentou unha soa obra para a súa selección con técnica e temática libre, sen enmarcar, sen bastidores, barras, etc. As obras son verticais ou horizontais, cunhas medidas mínimas de 120×160 cm. e máximas de 150×250 cm. Estarán expostas ata o 28 de agosto nos balcóns das rúas do centro histórico, reservándose a Dirección da Bienal a decisión de aumentar o tempo de exposición.