Unha trintena de establecementos ofrecerán “petiscos especiais” ata o día 9 na oitava edición da “Semana do Pincho”

1112
A alcaldesa, María Barral, e a concelleira de Comercio, Mónica Carneiro xunto aos hostaleiros participantes da semana do pincho 2018

Potenciar a gastronomía, a hostalaría e dinamizar outros sectores da cidade. Con ese obxectivo o Concello, en colaboración con hostaleiros e hostaleiras de Betanzos, realiza ata o 9 de decembro a oitava edición da Semana do Pincho na que participarán 28 establecementos e que foi presentada pola alcaldesa, María Barral, e a concelleira de Comercio, Mónica Carneiro.

A través do certame os hostaleiros optarán ao premio ao mellor petisco e a un premio “popular” que sairá dos votos emitidos polas persoas que durante os próximos días degusten os petiscos.

Na relación de petiscos deste ano, que contan cun prezo desde 1 euro a 3,50 euros, poderase degustar desde un milfollas de bacallau a un espeto ao alliño pasando por bombón caseiro, minihamburguesa ‘La Cazuela’, niño de mar, platafu, lagostino momia, mar e terra galega, pedaciño da terra, timbal de bacallau confeitado, milfollas de berenxena con crema picante de queixo, chipotle, onigiri ao estilo 1931, morandesca, petisco do outono, vicio do monte, turnedo, arroz meloso de cogomelos e xabaril, recordos mariños, milfollas de berenxena con froitos do mar, canelón outonal, wonton de picaña a baixa temperatura con crema de boletus e tofe de pera, explosión de mitilido, esparrabechos, crema de garavanzos con lascas de bacallou, capricho de Esther, jalufo e pita Galega.

Participarán As Cascas, Mesón La Cazuela, Pizzería Sinuesa, Cafetaría Xeadería Plaza, El Histórico, Casa do Queixo, Cafetaría La Goleta, La Internacional, Onze, Casa Carmen, Taberna Escondida, Casa Miranda, Taberna 1931, O Furancho, Mesón Paxeiro, Picho Carolo, Adega do Pino, A Tasca, Bar O Candil, Cho, Recordo, A Artesa da Moza Crecha, Restaurante Casanova, Cervezoteca A Tinería, Ll Galibier Café, Bar Galicia, Mesón A Tixola e Vinoteca Versalles.

As persoas que participen na votación para outorgar o premio popular deberán cubrir o boleto e selado en 5 dos 28 establecementos, para entrar así no sorteo de tres vales de compra por valor de 100 euros nos comercios asociados a ACEBE e un vale de compra por valor de 100 euros nos comercios asociados a Ches Casco (Comercio, Hostalería e Servizos non Centro histórico de Betanzos). Por outra banda, haberá dous xurados. O primeiro deles percorrerá a próxima semana os distintos establecementos para logo elixir os cinco petiscos finalistas. Profesionais do sector e representantes de diversas empresas colaboradoras elixirán deses cinco ao gañador deste ano o domingo 09:00 h ás 11:00 h.

Tamén haberá un sorteo a través das redes sociais de Betanzos tan cerca, en Instagram @ betanzostancerca; en twitter: @ BetanzosCerca; e en facebook: www.facebook.com/betanzostancerca.

As persoas que participen neste sorteo deberán “subir” ás súas redes de maneira pública unha fotografía cun dos p participantes e un refresco de Coca-Cola coa etiqueta #PinchoBetanzos2018. As bases completas publícanse na páxina de Facebook oficial do Concello. Entre os participantes, levará a cabo un sorteo que dará como resultados 3 gañadores de lotes de produtos desta marca de bebidas.