Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos,

1078

Desde a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, elaborouse material informativo preventivo sobre os riscos de conducir baixo os efectos do alcohol para difundir a través das autoescolas dentro do programa “Cambio de sentido”, cuxo obxectivo é informar e concienciar a mozas e mozos da importancia de non conducir se se consome alcohol.

Ademais, estes folletos informativos compleméntanse cunha campaña de información e sensibilización a nivel xeral sobre o risco do consumo de alcohol e condución: “Alcohol e condución: Unha mala mestura!”