Cargando Eventos

← Volver a Eventos

CEIP Vales Villamarín e CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”

+ Google Map
España

Febreiro 2019

Contacontos “Travesías. Aventuras de libro” Contos pola igualdade

En horario lectivo por conta da narradora Raquel Queizás. Organiza o Concello de Betanzos.

Más información »

Marzo 2019

Diversas sesións da actividade “Máis poesía”

Ao longo da mañá para o alumnado de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” por conta da escritora galega Antía Otero de Apiario con motivo da programación do Día da Poesía. Organizado polo Concello de Betanzos.

Más información »

Abril 2019

Tres sesións de contacontos

Por conta da narradora Raquel Queizás co espectáculo “Raposadas con Antonio” sobre Antón Fraguas para o alumnado de primaria do CEIP Francisco vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. Esta actividade está organizada polo Concello de Betanzos con motivo do Día internacional do libro e da lectura.

Más información »

Febreiro 2020

Varias sesións das intervencións teatralizadas “Sempre Rosalía”

Ao longo da mañá terán lugar por conta dos actores Diego Freire e Ana Ponte, de Producións Dispersas, dentro do programa do Día de Rosalía de Castro. Organiza o Concello de Betanzos.

Más información »

Marzo 2020

Tres sesións da actividade pedagóxica e de dinamización lingüística “Que brille a poesía”

Ao longo da mañá para o alumnado de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” por conta da escritora galega Antía Otero con motivo da programación do Día da Poesía. Organizado polo Concello de Betanzos.

Más información »

Outubro 2020

Varias sesións do contacontos “Nano vai á escola”

Ao longo da mañá, terán lugar varias sesións do contacontos "Nano vai á escola" por conta de Raquel Queizás nos colexios de Betanzos. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa Lingua a escena da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Más información »

XXV Festival Internacional de Títeres Galicreques. “A viaxe de Saira”

Mércores 28, dentro do XXV Festival Internacional de Títeres Galicreques, terá lugar a posta en escena do espectáculo “A viaxe de Saira” pola compañía A Xanela do Maxín en sesión de mañá exclusiva para escolares do Concello, na Aula de Cultura Xulio Cuns. Organizan a Asociación Cultural Barriga Verde e o Concello de Betanzos.

Más información »

XXV Festival Internacional de Títeres Galicreques. “A viaxe de Saira”

Xoves 29, dentro do XXV Festival Internacional de Títeres Galicreques, terá lugar a posta en escena do espectáculo “A viaxe de Saira” pola compañía A Xanela do Maxín en sesión de mañá exclusiva para escolares do Concello, na Aula de Cultura Xulio Cuns. Organizan a Asociación Cultural Barriga Verde e o Concello de Betanzos.

Más información »

Varias sesións do obradoiros “Carvalho Calero: un espazo, un tempo, un creador”

Xoves 29, ao longo da mañá, terán lugar varias sesións do obradoiros "Carvalho Calero: un espazo, un tempo, un creador" por conta de Rexenerando nos centros de ensino de Betanzos. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa do Días das Letras Galegas 2020.

Más información »

Varias sesións do contacontos “Cómica de lingua. Presumindo de lingua propia”

Xoves 29, ao longo da mañá, terán lugar varias sesións do contacontos "Cómica de lingua. Presumindo de lingua propia" arredor de Carvalho Calero nos centros de ensino de Betanzos. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa do Días das Letras Galegas 2020.

Más información »

Varias sesións do obradoiros “Carvalho Calero: un espazo, un tempo, un creador”

Venres 30, ao longo da mañá, terán lugar varias sesións do obradoiros "Carvalho Calero: un espazo, un tempo, un creador" por conta de Rexenerando nos centros de ensino de secundaria. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa do Días das Letras Galegas 2020.

Más información »

Decembro 2020

Varias sesións do espectáculo Historia dun ilusionista

Lunes 14, en horario lectivo por conta do Mago Rafa para o alumnado do CPR Nosa Señora do Carme "Atocha". Organiza o Concello de Betanzos dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Más información »

Febreiro 2021

Diversas sesións do recital pedagóxico “Que brille o me verso”

Ao longo da mañá para o alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín e no CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” por conta da escritora galega Antía Otero de Apiario. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa do Día da Poesía.

Más información »

Marzo 2021

Diversas sesións do recital pedagóxico “Que brille o me verso”

Ao longo da mañá para o alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín e no CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” por conta da escritora galega Antía Otero de Apiario. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa do Día da Poesía.

Más información »

Abril 2021

Sesións do contacontos “Arredor de Xela. Unha homenaxe á vida e obra de Xela Arias”

Por conta da narradora Raquel Queizás sobre Xela Arias. Esta actividade está organizada polo Concello de Betanzos con motivo do Día internacional do libro e da lectura.

Más información »

Maio 2021

Sesións do obradoiro “A rebotica dos contos”

En horario lectivo e para o alumnado de educación primaria do CEIP Frnacisco Vales Villamarín, desenvolvido pola compañía Xandobela dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas.

Más información »

Sesións do obradoiro “A rebotica dos contos”

En horario lectivo e para o alumnado de educación primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín, e do CPR Nosa Señora do Carme-Atocha, desenvolvido pola compañía Xandobela dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas.

Más información »

Decembro 2021

IV Concurso de cartas aos Reis Magos

1 Decembro, 2021 - 20 Decembro, 2021

As cartas poderán depositarse nas caixas de Correo Real que haberá no CEIP Francisco Vales Villamarín, no CPR Nosa Señora do Carme "Atocha", na Biblioteca Municipal Castelao e no edificio Arquivo. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa de Nadal.

Más información »

Varias sesións dos obradoiros Cantos e contos para o tempo de Nadal

En horario lectivo,  por conta de Xandobela para o alumnado do CPR Nosa Señora do Carme "Atocha". Organiza o Concello de Betanzos dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Más información »

Febreiro 2022

Contacontos ilustrado “Figueiriñas que eu prantei”

Ao longo da mañá terán lugar varias sesións de Polo correo do vento nos centros de ensino de primaria. Organiza o Concello dentro do programa do Día de Rosalía de Castro.

Más información »

Contacontos ilustrado “Figueiriñas que eu prantei”

Ao longo da mañá terán lugar varias sesións de Polo correo do vento nos centros de ensino de primaria. Organiza o Concello dentro do programa do Día de Rosalía de Castro.

Más información »

Marzo 2022

Actividade de narración oral-contacontos “Dámoslle a volta ao conto”

En horario lectivo, por conta da narradora Raquel Queizás para o alumnado de 5º de infantil do CEIP Francisco Vales Villamarín e o CPR Nosa Señora do Carme-Atocha. Organiza o Concello de Betanzos.

Más información »

Diversas sesións do recital poético “A primavera das poetas”

Ao longo da mañá, por conta da escritora galega Antía Otero de Apiario para o alumnado de primaria CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa do Día da Poesía.

Más información »

Abril 2022

Diversas sesións do contacontos “”Florencio nas ondas: unha homenaxe á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán”

21 Abril, 2022 - 22 Abril, 2022

Por conta da narradora Raquel Queizás para o alumnado de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha” Esta actividade está organizada polo Concello de Betanzos con motivo do Día internacional do libro e da lectura.

Más información »

Maio 2022

Concerto infantil “Coas miñas mans”

Ao longo da mañá, por conta de Pablo Díaz no CEIP Francisco Vales Villamarín e no CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa do Día das Letras Galegas.

Más información »

Outubro 2022

Espectáculos de narración oral “Faraldo. Todo para Galicia”

En horario escolar, arredor da figura de Antolín Faraldo, por conta de Raquel Queizás, para o alumnado de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e no CPR Nosa Señora do Carme "Atocha". Organiza o Concello de Betanzos dentro da programación do Ano Antolín Faraldo.

Más información »

Outubro 2023

Varios danzacontos “Viaxando coas anduriñas. Ritmos da selva”

En horario escola, por conta de Laura Martínez de Xanzá Movemento Ecocreativo, para o alumnado de infantil do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme "Atocha". Organiza o Concello de Betanzos a través do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña.

Más información »
+ Exportar Eventos