A unidade móbil de Doa Sangue estará na praza Irmáns García Naveira os días 3 e 4 de abril.

103

A unidade móbil de Doa Sangue estará na praza Irmáns García Naveira os días 3 e 4 de abril.

Venres, 3 de abril 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 21:00 h

Sábado, 4 de abril de 10:00 h a 15:00 h

ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia.

O noso traballo depende da colaboración diaria dos concellos galegos e aínda máis nestas circunstancias.

 

As persoas que acudan a doar sangue teñen que pedir CITA PREVIA no teléfono gratuito 900100828.

No desprazamento dos doantes de sangue ás unidades móbiles ou locais de doazón, poden amosar o SMS de confirmación de cita ou a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar a o motivo do seu desprazamento ante as autoridades competentes no caso de control de circulación e, posteriormente, na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

Doa sangue. VER

A doazón de sangue paso a paso VER

Que facemos despois con sangue doado? VER

#súmateaonosoequipo

Dende 1985, a doazón de sangue por lei é un acto voluntario, altruísta, anónimo, universal e gratuito.

O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.

Todos os días o precisan moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos…

Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de san

Máis información

Teléfono: 900 100 828 e 881546900

http://ados.sergas.es

Twitter: @doadoressangue

Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue

Canal Youtube https://www.youtube.com/channel/UCL2vp0q1nmFBV9zsQacs4oQ