A Universidade Sénior oferta unha nova edición do programa de democratización do coñecemento para persoas adultas de 50 anos en Betanzos

71

A Universidade Sénior, o programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña pon en marcha, co financiamento da Xunta de Galicia, e en colaboración co Concello de Betanzos, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para as persoas adultas de Betanzos, que se desenvolverá no mes de outubro, no Cine Teatro Alfonsetti.

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito en liña a través do espazo web UDC Sénior Betanzos (https://udcseniorbetanzos.wordpress.com/) ou presencialmente a través do Departamento de Educación do Concello, dende o 20 ata o 30 de setembro.

O programa xira arredor do Camiño de Santiago,  e consta de tres palestras, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán as seguintes temáticas: 

  • 11 de outubro, de 17:00 h a 19:00 h, “O Camiño: paisaxes, pontes e fontes”, por conta do José Manuel Álvarez-Campana Gallo.

  • 18 de outubro, de 17:00 h a 19:00 h, “Santiago Apóstolo: historia, mito e lenda”, por conta do profesor Álvaro J. Iglesias Maceiras.

  • 25 de outubro, de 17:00 h a 19:00 h, “A influencia provenzal na lingua e literatura a través do Camiño de Santiago” por conta do profesor Xoán López Viñas .

Con este programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos da comarca de Betanzos, e dálle resposta ás súas inquedanzas e necesidades formativas como xa vén facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol.