Aberto o prazo de inscrición para o club de lectura da Biblioteca de Betanzos

43

A Biblioteca Municipal A. Castelao de Betanzos retoma o seu club de lectura para o vindeiro curso 2023-2024 tras o parón polas vacacións de verán. A principal novidade será a organización de dous turnos, un de mañá e outro de tarde, ambos dirixidos pola escritora Antía Yáñez.

A partir do 4 de outubro haberá un turno os mércores pola tarde, de 18:30 a 20:00h, e outra sesión os martes de mañá, de 11:30 a 13:00h.

Esta actividade, de balde e na que terán preferencia os asociados da Biblioteca Municipal, consiste na lectura dun libro cada dúas semanas, para compartir opinións na sesión conxunta que cada quincena se realizará na Biblioteca.

As lecturas escollidas serán variadas e tanto en galego como en castelán: novelas, cómics, ensaios ou poemarios irán variando co decorrer das sesións, permitindo ás participantes coñecer todo tipo de obras.

A inscrición haberá que realizala antes do 30 de setembro a través do formulario web que se poderá atopara na páxina novas.betanzos.es, achegándose á Biblioteca Municipal, aberta de luns a venres, de 9h a 14h e de 16h a 20h. ou premando directamente aquí