Aberta a inscrición para participar no mercado de oportunidades

64

Betanzos acollerá os días 3 e 4 de setembro unha das feiras de oportunidades promovidas pola Deputación da Coruña.

Os comerciantes que desexen participar deberán inscribirse do 8 ao 14 de agosto a través do Rexistro xeral pola sede electrónica.

O goberno local chegou a un acordo coa Deputación para  desenvolver este programa que busca dinamizar o comercio local nos concellos de 10 000 a 50 000 habitantes.

A nova iniciativa desenvolverase na praza dos Irmáns García Naveira e contará con vinte carpas. O Concello trasladoulle a iniciativa ás asociacións de comerciantes pero tamén insistiu en que se trata dunha iniciativa aberta a empresarios e comerciantes que non formen parte de ningún colectivo