Betanzos incorpora un concurso para particulares na súa XII edición da Semana da Tortilla.

89

Betanzos volve apostar pola promoción do seu produto estrela: a tortilla. O Concello deu a coñecer as datas de celebración da Semana da Tortilla, que este ano chega ao seu XII edición e desenvolverase entre o 30 deste mes e o 9 de outubro, e que terá, como novidade, un concurso para particulares, empadroados en Betanzos, para elixir a mellor tortilla caseira.

Para os profesionais que desexen inscribirse, o pasado día 16 comezou o prazo de solicitude a través da sede electrónica do Concello de Betanzos

Terán ata o próximo día 23 para anotarse.

A final para elixir á mellor tortilla será domingo día 9. Para esa final clasificaranse as cinco mellores tortillas elixidas pola semana, polo xurado composto por representantes de enti- dades e colectivos betanceiros relacionados coa gastronomía e o comercio; a Reserva da Biosfera e asociacións gastronómicas.

A degustación será cunha cata cegas, é dicir, en lugar de probar a tortilla en cada un dos establecemento participantes, serán os hostaleiros os que a trasladen ao Liceo para ser degustada polo xurado sen saber o nome do local onde se fixo.

Desa cata sairán as cinco finalistas para o domingo día 9, que serán valoradas por un
xurado profesional.

Ademais do premio á mellor tortilla, tamén haberá o premio popular que sairá da votación que realicen as persoas que proben este produto en, como mínimo, cinco locais diferentes dos que participen na edición deste ano.

Os locais participantes na Semana da Tortilla terán un cartel identificativo. Tamén haberá un concurso a través das redes sociais de Betanzos Tan Cerca, en Twitter @Betan- zosCerca; en Facebook www,facebook.com/BetanzosTanCerca e en Instagram @betanzostancerca.

CASEIRAS

Aínda que a Semana da Tortilla será presentada nos próximos días, o Concello adelantou que entre as novidades deste ano inclúese un concurso de tortillas caseiras.

Os interesados en participar poderán inscribirse entre o 29 de setembro e o 6 de outubro. Poderá ser de manera presencial na Oficina de Turismo, en horario de mañá, de 9.30 a 14:00 horas e de 16.00 h a 18.30 horas pola semana e o sábado de 11.00 a 13.30 horas; ou ben no correo electrónico comunicació[email protected] indicando: nome, apelidos, dirección e teléfono.

O concurso será o dia 8, dia no que os participantes deberán presentar as súas tortillas ca- seras a un xurado que elixirá as tres mellores. A gañadora recibirá o premio “Mellor tortilla caseira de Betanzos 2022”.