Betanzos manterá varias rúas cortadas ao tráfico o vindeiro domingo coincidindo cunha proba de patinaxe de velocidade

125

O Concello manterá cortadas ao tráfico varias rúas da cidade o vindeiro domingo, día 7, coincidindo coa celebración dunha proba de patinaxe de velocidade. A competición, na que participarán máis de 400 patinadores e patinadoras, terá lugar desde as 09:30 h na zona do Carregal, onde permanecerán cortadas as rúas, incluídas a avenida Fraga Iribarne.

A última volta da proba, prevista entre as 11:30 h e as 12:00 h pola organización, afectará a máis zonas da cidade posto que discorrerá entre o Carregal, a rotonda das Cascas, a avenida Jesús García Naveira, Linares Rivas para terminar na praza García Irmáns, onde estará instalada a meta. Neste caso, e durante esa media hora a rúa polas que vaian pasando os e as deportistas iranse pechando ao tráfico.