Cemit de Betanzos organiza novas actividades para o mes de maio.

132

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

Os días 2, 3, 4, 6, 9, 10 ,11 e 12 de maio comenzamos co curso “Factusol” dirixido a persoas autónomas, pequenas e medianas empresas. Curso emitido por videoconferencia. En horario de 10:00 h a 12:30 h.

Os días 10 de maio comenzamos coa charla “Compras seguras por Internet” dirixido á poboación en xeral. En horario de 16:00 h a 18:00 h.

Os días 18, 19, 23, 24, 25 e 26 de maio comenzamos co curso “Iniciación á informática” dirixido á poboación. En horario de 10:00 h a 11:30 h.

Os días 19, 24, 26 e 31 de maio comenzamos co curso “LibreOffice Writer dirixido á poboación en xeral. En horario de 16:00 h a 17:30 h.

Os días 30, 31 de maio e 1, 3, 6, 7, 8 e 9 de xuño será a quenda de “Community Manager” dirixido á poboación en xeral. Curso emitido por videoconferencia. En horario de 10:00 h a 12:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romai, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981 771 300 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected]