CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xullo.

49

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar sete actividades formativas.

O 5 de xullo comezamos cun curso de capacitación dixital “Para, pensa, conéctate: uso seguro de Internet” dirixido a persoas menores de idade sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso seguro de Internet. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 12:00 h.

O 7 e 8 de xullo será a quenda de “Banco de reciclaxe electrónica” dirixido á poboación en xeral con coñecementos básicos de informática que desexen aprender a despezar un ordenador e a instalar un sistema operativo. En horario de 10:30 h a 13:30 h.

O 11, 12 e 13 de xullo tamén iniciamos o curso “Mecanografía para nenas e nenos” dirixido a poboación menor de idade. En horario de 10:00 h a 11:30 h.

O 20, 21 e 22 de xullo terá lugar o curso “Iniciación á informática para nenas e nenos” dirixido a poboación menor de idade sen coñecementos de informática. En horario de 10:00 h a 11:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sita na rúa Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981 771 300 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected]