CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xuño.

199

a Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar dúas actividades formativas.

Os días 5, 7, 9, 12, 14, 15 e 16 de xuño realizarase o curso “Iniciación á Informática” dirixido á poboación en xeral sen coñecementos previos. Este curso levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:30 h.

Os días 19, 21 e 23 de xuño celebrarase o curso de capacitación dixital “Trámites electrónicos: todos os trámites que podes facer co teu certificado dixital” dirixido á poboación en xeral sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:30 h.

O día 21 de xuño celebrarase o curso “o teu día a día en liña con seguridadedirixido á poboación en xeral sen coñecementos previos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 11:00 h a 12:00 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, n.º 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, chamar ao teléfono 981 771 300, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal