CEMIT de Betanzos organiza unha nova actividade para o mes de maio.

37

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos organiza unha nova actividade formativa.

Nova actividade na CeMIT Betanzos do Concello de Betanzos: 𝗢𝗽𝗲𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗻𝗼 𝗰𝗮𝗶𝘅𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗲 𝗯𝗮𝗻𝗰𝗮 𝗱𝗶𝘅𝗶𝘁𝗮𝗹.

Esta actividade celebrarase os días 30 e 31 de maio de 11:00 a 12:30 horas na CeMIT Betanzos. Nela terá a posibilidade de coñecer as operacións máis habituais que se poden realizar dende o caixeiro automático, coñecer a banca dixital así como formas e trucos para evitar posibles fraudes.

Poden inscribirse no teléfono 981 771 300 ou presencialmente na aula situada na rúa Emilio Romay s/n.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na R/ Emilio Romai, nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, chamar ao teléfono 981770011 ext 2401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: [email protected]