Comeza o prazo de inscrición do campamento de verán “Betanzos concilia” no Concello de Betanzos.

176

O Concello de Betanzos pon á disposición das familias betanceiras o campamento de verán Betanzos Concilia, co obxecto de fomentar a conciliación da vida laboral e familiar no período estival de 2022.

A actividade municipal desenvolverase no CEIP Francisco Vales Villamarín en tres quendas diferenciadas; a primeira do 23 de xuño ao 8 de xullo, a segunda do 11 ao 29 de xullo, e a terceira do 1 ao 12 de agosto. O horario dos campamentos establecerase de 9 a 14 horas, con entrada e saída flexible de 9 a 10 e de 13 a 14 respectivamente.

O número de prazas ofertadas por quenda é de 50, tendo preferencia quen se encontre empadroado/a no municipio brigantino. A cota de participación por quenda e menor é de 50 euros.

Poden realizar a solicitude as familias de nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, que cursen estudos dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. O prazo de inscrición estará aberto dende o luns 9 ata o venres 27 de maio.

As solicitudes presentaranse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Betanzos https://sede.betanzos.gal. Excepcionalmente, as persoas que acrediten que non contan cós medios necesarios para realizalo por esta vía, poderán contactar cós servizos sociais chamando ao 981 77 07 07.

Para información e trámite prema aquí