Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
Todo el Día
Aberto o prazo do IX Concurso de creación literaria
Os textos poderanse entregar na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao, no Servizo de Normalización Lingüística ou nas secretarías do IES As Mariñas e o IES Francisco Aguiar. Máis información no 981 770011 (ext. 2224) ou en [email protected]. Organiza o Concello de Betanzos.
Más información »Campaña de dinamización lingüística “Poesía no comercio”
Nos comercios betanceiros, de difusión das poesías galegas creadas polo alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín. Esta actividade está organizada polo Concello de Betanzos e o Equipo de Dinamizacón Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín con motivo do Día internacional do libro e da lectura.
Más información »Exposición bibliográfica sobre a vida e obra de Antón Fraguas
No horario habitual da biblioteca, de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h e os sábados de 10:30 h a 13:00 h. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas.
Más información »Exposición das fotos de Semana Santa.
Organiza a Confradía de Semana Santa.
Más información »Varios pases do espectáculo “A volta a Galicia en 313 concellos”
En horario escolar, por conta do Mago Antón para o alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas e a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Más información »12:00
Representación da obra de teatro “Pelos na lingua”
Para o alumnado de secundaria do IES As Mariñas, o IES Francisco Aguiar e o CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas e a través do Programa Lingua a escena da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Más información »19:00
Varios pases do espectáculo “A volta a Galicia en 313 concellos”
Por conta do Mago Antón para o público xeral. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas e a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Más información »