Búsqueda y navegació de vistas de Eventos
Abril 2019
Exposición bibliográfica “O libro: a súa historia e o seu futuro”
Do 1 ao 30, de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h e os sábados de 10:30 h a 13:00 h. Organiza o Concello de Betanzos.
Más información »Aberto o prazo do IX Concurso de creación literaria
Os textos poderanse entregar na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao, no Servizo de Normalización Lingüística ou nas secretarías do IES As Mariñas e o IES Francisco Aguiar. Máis información no 981 770011 (ext. 2224) ou en [email protected]. Organiza o Concello de Betanzos.
Más información »Exposición “Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”
Organizada en colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Betanzos. Horario de visitas de 10:00 h a 14:00 h e 18:00 h a 21:00 h os días laborables e de 11:30 h a 14:00 h os sábados.
Más información »Campaña de dinamización lingüística “Poesía no comercio”
Nos comercios betanceiros, de difusión das poesías galegas creadas polo alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín. Esta actividade está organizada polo Concello de Betanzos e o Equipo de Dinamizacón Lingüística do CEIP Francisco Vales Villamarín con motivo do Día internacional do libro e da lectura.
Más información »Dous obradoiros “Achegándonos á palabra”
Por conta da poeta galega Dores Tembrás do colectivo Apiario para o alumnado de secundaria do IES As Mariñas. Esta actividade está organizada polo Concello de Betanzos con motivo do Día internacional do libro e da lectura.
Más información »Obradoiro “Achegándonos á palabra”
Por conta da poeta galega Dores Tembrás do colectivo Apiario para o alumnado do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”. Esta actividade está organizada polo Concello de Betanzos con motivo do Día internacional do libro e da lectura.
Más información »Maio 2019
Canto dos maios
Por conta de parte do alumnado da Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF), facendo paradas no Cantón Claudino Pita e no adro de San Domingos. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas.
Más información »Exposición bibliográfica sobre a vida e obra de Antón Fraguas
No horario habitual da biblioteca, de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h e os sábados de 10:30 h a 13:00 h. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas.
Más información »Presentación da campaña “Poesía no comercio”
Por conta do alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín. Organizan o Concello de Betanzos e o CEIP Francisco Vales Villamarín, dentro do Programa das Letras Galegas.
Más información »Conferencia titulada “O legado dos Irmáns García Naveira: coidado, educación e cultura”
Por conta de Eduardo José Fuentes Abeledo, Profesor Titular de Universidade no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de Santiago de Compostela. Organiza o Concello de Betanzos, dentro do Programa das Letras Galegas.
Más información »Exposición das fotos de Semana Santa.
Organiza a Confradía de Semana Santa.
Más información »Proxección/presentación do video turístico “800 aniversario de Betanzos”, seguido da proxección da película para público adulto “Doghs” (Andrés Goteira, 2017)
Coa presencia de Andrés Goteira, Antonio Durán “Morris”, Suso López e Laura Doval, dentro da programación Cine no Alfonsetti. Entrada de balde ata completar a capacidade. Organiza o Concello de Betanzos dentro do Programa das Letras Galegas.
Más información »