Cargando Eventos

Eventos en 1 Setembro, 2020 - 8 Outubro, 2020

Búsqueda y navegació de vistas de Eventos

Navegación de vistas de Evento

Setembro 2020

Exposición de obra gráfica titulada “Luis Seoane, nas coleccións da Fundación CIEC”

1 Setembro, 2020 - 31 Outubro, 2020
Sala de Exposicións Temporais da Sede da Fundación CIEC, Rúa do Castro
Betanzos, A Coruña 15300 España
+ Google Map

De martes a sábado en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00 h.

Más información »

Exposición do “XIV certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas”

10 Setembro, 2020 - 28 Setembro, 2020

Se desenvolve dentro do programa de exposicións itinerantes da Deputación da Coruña coa colaboración do Concello de Betanzos. Horario de visitas de 10:00 h a 14:00 h e 19:00 h a 22:00 h de martes a venres e de 11:30 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h os sábados.

Más información »

Acto de presentación do Anuario Brigantino 2019, nº 42.

25 Setembro, 2020 @ 20:30 - 21:30
Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia, Plaza de Galicia, 1
Betanzos, A Coruña 15300 España
+ Google Map

Venres 25, ás 20:30 h na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo, terá lugar o acto de presentación do Anuario Brigantino 2019, nº 42.

Más información »

Sábados miúdos. “A pitiña Cocoricó”

26 Setembro, 2020 @ 12:00 - 13:00
Salón azul Edificio Liceo Arquivo do Antigo Reino de Galicia, Praza de Galicia, 1
Betanzos, A Coruña 15300 España
+ Google Map

Contacontos para nenos e nenas de ata 5 anos e as familias "A pitiña Cocoricó" por conta de Charo Pita dentro do programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados miúdos 2020. Inscrición previa do 21 ao 24 de setembro en www.betanzos.gal. Organiza o Concello de Betanzos.

Más información »

Obradoiro para crear un podcast literario “Podcast en igualdade”

26 Setembro, 2020 @ 17:00 - 18:00

Dirixido á mocidade e a poboación adulta, dentro do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia dependente da Consellería de Culturta e Turismo da Xunta de Galicia. A duración será de 120 minutos e para a asistencia, con aforo reducido, será necesaria a previa inscrición na mesma biblioteca. Organiza Concello de Betanzos.

Más información »

Obradoiro de poesía e escrita creativa “Construíndomos na escrita”

28 Setembro, 2020
IES As Mariñas, Avenida da Coruña, 6
Betanzos, A Coruña 15300 España
+ Google Map

Por conta da escritora galega Dores Tembrás do colectivo Apiario para o alumnado de secundaria do IES As Mariñas. Organiza o Concello de Betanzos.

Más información »

Outubro 2020

Exposición de fotoxornalismo galego titulada Galicia en Foco

2 Outubro, 2020 - 16 Outubro, 2020

Na súa 28.ª edición, organizada polo Club de Prensa de Ferrol. Horario de visitas de 10:00 h a 14:00 h e 19:00 h a 22:00 h de martes a venres e de 11:30 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h os sábados.

Más información »

Concerto de música antiga por conta do grupo Alia Mvsica (Vox Feminae)

2 Outubro, 2020 @ 20:00 - 22:00

Baixo a dirección de Miguel Sánchez, co título “Secreta mulierum”, dentro do Programa Circuítos (Música antiga en Betanzos) organizado polo Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) do Ministerio de Educación Cultura e Deporte coa coprodución da Unidade Pastoral de Betanzos e do Concello de Betanzos.

Más información »

Concerto de música antiga por conta do grupo Schola Antiqua

3 Outubro, 2020 @ 20:00 - 22:00

Baixo a dirección de Juan Carlos Asensio, co título “Músicas e ritos na Galicia medieval: o culto e os santos nos códices galegos”, dentro do Programa Circuítos (Música antiga en Betanzos) organizado polo Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) do Ministerio de Educación Cultura e Deporte coa coproducción da Unidade Pastoral de Betanzos e do Concello de Betanzos.

Más información »

Concerto de música antiga co título “Ultramar: unha viaxe pola música do século XVII entre Italia, España e América”

4 Outubro, 2020 @ 20:00 - 22:00

Concerto de música antiga por conta do dúo formado pola soprano Mercedes Hernández e pola arpa de dúas ordes de Manuel Vilas, co título “Ultramar: unha viaxe pola música do século XVII entre Italia, España e América”, dentro do Programa Circuítos (Música antiga en Betanzos) organizado polo Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM) do Ministerio de Educación Cultura e Deporte coa coproducción da Unidade Pastoral de Betanzos e do Concello…

Más información »

Obradoiro “LibreOffice Writer”

5 Outubro, 2020 - 8 Outubro, 2020
Aula CEMIT de Betanzos, Rúa Emilio Romay n.º 1
Betanzos, A Coruña 15300 España
+ Google Map

Os días 5, 6, 7 e 8, en horario de 09:00 h a 10:00 h. Para máis información e inscricións (ata o día 02/10) na propia aula, no teléfono 981 770 011 (ext. 2401) e tamén no enderezo electrónico [email protected]. Organiza o Concello de Betanzos.

Más información »

Obradoiro “LibreOffice Impress”

5 Outubro, 2020 - 8 Outubro, 2020
Aula CEMIT de Betanzos, Rúa Emilio Romay n.º 1
Betanzos, A Coruña 15300 España
+ Google Map

Os días 5, 6, 7 e 8 en horario de 16:15 h a 17:15 h. Para máis información e inscricións (ata o día 04/10) na propia aula, no teléfono 981 770 011 (ext. 2401) e tamén no enderezo electrónico [email protected]. Organiza o Concello de Betanzos.

Más información »
+ Exportar Eventos